viernes, 21 de noviembre de 2014
jueves, 6 de noviembre de 2014
CONCERTO EN RECIMIL, FERROL
Dentro do marco da Rede Cultural da Deputación, mañá venres, 7 de novembro, estaremos actuando en Ferrol, na praza de Sevilla.
Este é o repertorio escollido para a ocasión:
- Noches de blanco satén. (The Moody Blues. Arranxo: Luis Blanco Rey).
- Te Quiero. (Letra: Benedetti. Música: Favero).
- No llores por mí, Argentina. (A. L. Webber. Arranxo: J.L. Blanco)
- Hijo de la luna. ( Mecano. Arranxo: Mª Pilar Mud).
- Os teus ollos. (Letra: C. Enríquez. Música: J.C. Choné).
- Negra sombra. (Letra: Rosalía. Música: X. Montes. Arr: A. A. Cuello).
- Coro de marineros. (Coro de la zarzuela “El anillo de hierro”. Letra: M. Zapata. Música: M. Marqués).
- Salve marinera. (Popular. Himno da Armada Española e, por extensión dos traballadores do mar).

viernes, 17 de octubre de 2014
IX FESTIVAL DE OUTONO
UN ANO MÁIS, estamos en vísperas da celebración do FESTIVAL DE OUTONO, a IX edición do mesmo.
Contamos nesta ocasión coa participación da Coral COSTE VERDE, de GIJÓN, e o Coro DIAPASÓN, de FERROL, que , ademáis do noso Coro, ALEGRE INTERMEZZO, COMPOÑEREMOS UN CONCERTO QUE SERÁ DO AGRADO DE TÓDOLOS EUMESES E VISITANTES.
domingo, 12 de octubre de 2014
ALEGRE INTERMEZZO NAS FESTAS DAS PERAS
E, o día seguinte, solemnizando a Misa Patronal na honra de San Nicolás, na Igrexa Parroquial de Pontedeume.
jueves, 10 de julio de 2014
HOMENAXE A MANUEL ZAPATA
O día 31 de maio fomos convidados pola Escola de música Charamela a participar no Festival de Primavera organizado por eles con moito esforzo, mimo e discreción dado que, o que se estaba preparando era unha homenaxe ao profesor D.Manuel Zapata. Convertiuse, pois, nunha velada musical moi especial compartida con Mandala Gospel, de Ares, Banda de Charamela e Orquestra de Charamela.
D. Manuel Zapata ten unha longa carreira profesional como músico e como mestre de violín, chelo e contrabaixo, lenguaxe musical en grupos de adultos, así como director da orquestra da escola.
Sobraban, pois, os motivos para amosarlle o afecto e a gratitude de tantas persoas de Pontedeume e comarca que o tivemos como mestre, director e, dende hai algo máis dun ano, compañeiro.
O noso repertorio nesta ocasión:
Noches de blanco satén (Moody Blues).
Negra Sombra (Montes).
Aleluya (Haendel).
Como broche final, xunto coa orquestra Charamela, e baixo a dirección de D. Manuel Zapata,
interpretamos Seguidillas, da zarzuela La Verbena de la Paloma.
martes, 29 de abril de 2014
jueves, 20 de marzo de 2014
Publicado por Noticiario Galego
Coro Alegre Intermezzo (Pontedeume)
Foron
as inquedanzas musicais dun grupo de persoas vinculadas á Escola de
Música Charamela de Pontedeume as que orixinaron a creación desta coral.
Para atopar o xerme do que hoxe é o Coro Alegre Intermezzo de
Pontedeume, hai que remontarse ata o ano 1997, cando se creou a
agrupación músico-vocal que se acabaría convertendo na coral que hoxe
coñecemos.
Os comezos
A súa constitución como sociedade data do ano 1999, e a súa intención principal é fomentar o desenvolvemento da cultura musical. Dentro deste obxectivo fundamental, préstanlle especial atención á música sacra.
Esta formación vocal componse dun total de 25 voces mixtas, acompañadas por 8 instrumentistas de piano, frauta, violín, viola e violonchelo. A dirección corre a cargo da profesora de guitarra clásica do Conservatorio Superior da Coruña, Ofelia Regueira Fernández.
Fomentar a convivencia musical
En canto á súa experiencia, podemos dicir que participaron dende o seu nacemento en diversos festivais. Cabe destacar, sobre todo, a súa presenza nos concursos de panxoliñas organizados pola entidade Caixanova e El Corte Inglés, nos que ademais acadan o primeiro premio en dúas ocasións consecutivas.
Destaca
tamén a gravación de dous dos seus temas no programa “Galicia Enteira”,
da Televisión de Galicia. Foi na edición que este espazo dedicou ó seu
Concello, a Pontedeume.
Alegre Intermezzo tamén colaborou como coro de zarzuela en “La verbena de la Paloma”, en Bragança, Portugal. E ademais, as celebracións de Santa Icía, as Letras Galegas e as festas patronais das parroquias veciñas, contan a miúdo coa presenza deste coro. Así mesmo, nos últimos anos participaron no concerto de Música Sacra Cidade de Ferrol, no Santuario das Angustias e da Orde Terceira.
Así é que a súa actividade céntrase en actuacións en actos litúrxicos da bisbarra; vodas, misas solemnes, funerais… E tamén nas celebracións de tipo profano; festivais, conmemoracións,…
Repertorio
O seu repertorio abrangue aproximadamente 150 pezas de distintas épocas e estilos musicais, tanto sacros como profanos, de célebres compositores universais en polifonía clásica, panxoliñas, música popular, etc.
Dende o ano 2006 organizan un festival propio, o “Concerto de Outono”, que ten como escenario a igrexa parroquial de Pontedeume e no que participan diversas corais convidadas de dentro e fóra do territorio galego. Con esta cita musical tratan de fomentar a convivencia con outras formacións erguéndose, ademais, como un auténtico intercambio musical.

Por: Úrsula Lorenzo Ruibal
Publicado o 17 de Marzo do 2014 | 12:09 p.m.
PRÓXIMOS COMPROMISOS
Estamos de cheo preparando os concertos, bodas e outros eventos comprometidos para o 2014, e queremos facer pública a nosa intención de integrar NOVOS COMPOÑENTES en Alegre Intermezzo.
Así que, se
che gusta cantar, tes bo oído e, ademais, apetéceche integrarte nun
coro, estamos buscando voces novas.
Temos
un importante proxecto musical para este ano 2014 para o que precisamos
aumentar o número de compoñentes; sobre todo, concertos na comarca
e fora dela, así como un Festival organizado por nos en Outubro.
Podes poñerte en contacto a través desta páxina, ou nos teléfonos do grupo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)