Coro Alegre Intermezzo (Pontedeume)
Foron
as inquedanzas musicais dun grupo de persoas vinculadas á Escola de
Música Charamela de Pontedeume as que orixinaron a creación desta coral.
Para atopar o xerme do que hoxe é o Coro Alegre Intermezzo de
Pontedeume, hai que remontarse ata o ano 1997, cando se creou a
agrupación músico-vocal que se acabaría convertendo na coral que hoxe
coñecemos.
Os comezos
A súa constitución como sociedade data do ano 1999, e a súa intención principal é fomentar o desenvolvemento da cultura musical. Dentro deste obxectivo fundamental, préstanlle especial atención á música sacra.
Esta formación vocal componse dun total de 25 voces mixtas, acompañadas por 8 instrumentistas de piano, frauta, violín, viola e violonchelo. A dirección corre a cargo da profesora de guitarra clásica do Conservatorio Superior da Coruña, Ofelia Regueira Fernández.
Fomentar a convivencia musical
En canto á súa experiencia, podemos dicir que participaron dende o seu nacemento en diversos festivais. Cabe destacar, sobre todo, a súa presenza nos concursos de panxoliñas organizados pola entidade Caixanova e El Corte Inglés, nos que ademais acadan o primeiro premio en dúas ocasións consecutivas.
Destaca tamén a gravación de dous dos seus temas no programa “Galicia Enteira”, da Televisión de Galicia. Foi na edición que este espazo dedicou ó seu Concello, a Pontedeume.
Alegre Intermezzo tamén colaborou como coro de zarzuela en “La verbena de la Paloma”, en Bragança, Portugal. E ademais, as celebracións de Santa Icía, as Letras Galegas e as festas patronais das parroquias veciñas, contan a miúdo coa presenza deste coro. Así mesmo, nos últimos anos participaron no concerto de Música Sacra Cidade de Ferrol, no Santuario das Angustias e da Orde Terceira.
Así é que a súa actividade céntrase en actuacións en actos litúrxicos da bisbarra; vodas, misas solemnes, funerais… E tamén nas celebracións de tipo profano; festivais, conmemoracións,…
Repertorio
O seu repertorio abrangue aproximadamente 150 pezas de distintas épocas e estilos musicais, tanto sacros como profanos, de célebres compositores universais en polifonía clásica, panxoliñas, música popular, etc.
Dende o ano 2006 organizan un festival propio, o “Concerto de Outono”, que ten como escenario a igrexa parroquial de Pontedeume e no que participan diversas corais convidadas de dentro e fóra do territorio galego. Con esta cita musical tratan de fomentar a convivencia con outras formacións erguéndose, ademais, como un auténtico intercambio musical.

Por: Úrsula Lorenzo Ruibal
Publicado o 17 de Marzo do 2014 | 12:09 p.m.