jueves, 17 de noviembre de 2011

Actuación o 26 de novembro en Vigo

O vindeiro sábado 26 de novembro actuaremos no IES Santa Irene de Vigo (na Praza de América), a partires das 20h.

O repertorio que cantaremos será o que segue:
  • Minueto de Don Juan (Mozart. Adaptación e texto: V. R. Abeijo).
  • Meus Amores (Baldomir)
  • No llores por mí Argentina (Andrew Lloyd Webber. Adaptacion J. L. Blasco)
  • Hijo de la Luna (Nacho Cano, Mecano. Adaptación: Mª Pilar Mud Pérez).
  • Ave María (Charles Gounod. Arranxos: J. Beckman. Adaptación: J. Blasco).
  • Coro de marineros. Preludio da Zarzuela "El anillo de Hierro".

martes, 15 de noviembre de 2011

Dispoñíbel o CD do VI Festival de Outono

Se vos perdestes o VI Festival de Outono, ou se asistístedes e queredes rememorar a actuación, xa o podedes facer descargando a gravación do concerto.

Podedes descargar o disco desde esta ligazón.

domingo, 16 de octubre de 2011

VI Festival de Outono

O vindeiro sábado 22 de outubro o VI Festival de Outono na Igrexa de Santiago Pontedeume. Será ás 21.00h e actuarán
  • Coral Máximo Gorki (Vigo).
  • Canticorum (A Coruña).
  • Alegre Intermezzo (Pontedeume)

sábado, 15 de octubre de 2011

Novo premio para Alegre Intermezzo

O pasado 8 de outubro recibimos o terceiro premio no XI Certame de Rondallas e Corais "Santiago Apóstolo" que, organizado pola Rondalla Alecrín, tivo lugar en Ourense.

Este premio súmase aos xa conseguidos por Alegre Intermezzo noutras citas e certames anteriores

domingo, 18 de septiembre de 2011

Xa podes descargar o disco do VI Mostra de Corais!

Para quen se perdera a VI Mostra de Corais do pasado 9 de setembro, deixámosvos aquí a ligazón para que poidades descargar o disco.

As cancións atópanse en formato mp3.

miércoles, 14 de septiembre de 2011

Imaxes da VI Mostra de Corais en Pontedeume

Alecrín
Como sabedes, hai uns días tivo lugar a VI  Mostra de Corais en Pontedeume. Para aqueles que non puidéchedes estar, deixámosvos estas imaxes:

Cantar Delas

Alegre Intermezzo

lunes, 29 de agosto de 2011

Repertorio da VI Mostra de Corais

Como xa vos vimos adiantando estes días atrás, o vindeiro venres 9 de setembro celebramos a VI Mostra de Corais. Hoxe queremos compartir convosco o repertorio do concerto:

Cantar Delas. Coro de voces brancas, Lugo

Eco il verno
Giovanni (Hans)

Ô nuit
J. Ph Rameau

Do mar pola orela
Julio Domínguez

Quen puidera namorala
arr. Fernando G. Jácome

Alecrín. Rondalla, Ourense

Cielito lindo
Adaptación de Xoán Antón Vázquez

El abuelo Antón
Letra: Antonio Rodríguez Martín

Home chico
Letra: Francisco Fernández Naval. Música: Xoán Antón Vázquez

O voso galo
Popular

Alegre Intermezzo. Agrupación Músico – Vocal, Pontedeume

No llores por mi Argentina
(De la Ópera Rock ‘Evita’)

Vals de amores
R. Regueira

Paxaro que vas voando
Paul Zoll (Tradicional)

Hijo de la Luna
José María Cano (Mecano) Arr Coral: Mª Pilar Mud Pérez

viernes, 26 de agosto de 2011

VI Mostra de Corais: Os grupos (e III)

Rematamos esta serie de presentación dos grupos que actuaremos na VI Mostra de Corais falando da nosa  propia historia:


Alegre Intermezzo' é unha agrupación músico-vocal que comeza a súa andaina no ano 1997 por iniciativa de persoas con inquedanzas musicais, relacionadas dalgún xeito coa Escola de Música Charamela de Pontedeume.

O grupo está formado por 25 voces mixtas e 8 instrumentistas (piano, frauta,violíns , viola e chelo) e está dirixido por Dona Ofelia Regueira Fernández, profesora de guitarra clásica polo Conservatorio Superior de A Coruña.

No ano 1999 constitúese en Sociedade co principal obxectivo do fomento e desenvolvemento da cultura musical e, preferentemente, da Música Sacra. Dende ese momento “Alegre Intermezzo” participa en diversos concertos e festivais:

Concursos de Panxoliñas organizados por Caixa Nova e El Corte Inglés onde por dous anos consecutivos acadaron o primeiro premio.

Grava para a TVG dúas cancións incluídas no programa “Galicia Enteira” adicado a Pontedeume.

Colaboración en Bragança (Portugal) como coro da zarzuela “La verbena de la Paloma”.

Participación nas celebracións de Santa Icía, Letras Galegas e festas patronais nas distintas parroquias da bisbarra.

Dende o ano 2006 organizamos o festival “Concerto de Outono” na igrexa parroquial de Pontedeume, contando con corais convidadas de dentro e fóra de Galicia, querendo favorecer a convivencia con outras formacións e fomentar o intercambio musical.

Nestes últimos anos participamos nos concertos de Música Sacra da cidade de Ferrol, no Santuario das Angustias e da Orden Terceira.

Dende estes últimos anos estamos incluídos no programa da Deputación Provincial de intercambio cultural.

A base da súa actividade é a participación en actos litúrxicos na bisbarra : vodas, misas solemnes, funerais.

O seu repertorio abrangue aproximadamente 150 pezas de distintas épocas e estilos musicais, tanto sacros como profanos, de célebres compositores universais en polifonía clásica,  panxoliñas, música popular, etc.

miércoles, 24 de agosto de 2011

VI Mostra de Corais: Os grupos (II)

Seguindo a liña comezada hai 2 días de presentación dos grupos que actuaremos na VI Mostra de Corais, hoxe é a quenda da ourensá Rondalla Alecrín.


A Rondalla Alecrín nace no ano 1999, na cidade de Ourense froito da inquedanza cultural e musical dun grupo de persoas procedentes de distintas sociedades culturais da cidade. 

Está enclavada no barrio da Ponte na ciudade ourensá

A este grupo inicial incorporaronse novas persoas ata na atualidade contar con unha plantilla de 38 persoas, entre instrumentos (guitarras, bandurrias e laúdes) e voces (sopranos, contraaltos e tenores).

Dende hai oito anos déuselle ao grupo un novo impulso cambiando ao seu director artistico e incorporando nalgunhas cancións intrumentos de percusión.

Coincidindo co seu primer aniversario, propoñen a realización dun Certame Internacional de Rondallas e Corais que este ano 2011 chega a undécima edición contando cun gran éxito de público e critica na cidade de Ourense.

Ao longo do ano realizan múltiples actividades entre as que destacan: ensaios, actuacións, intercambios culturais, xuntanzas de confraternidade, clase de canto e solfeo etc.

O repertotio é do máis variado, abarcando música profana e sacra destacando sobre todo popular galega.

Na actualidade levan realizadas máis de 150 actuacións a  longo da xeografía galega, pero tamén son de destacar actuacións fóra do seu territorio coma en Cangas de Narcea- Asturias ou Viana do Castelo –Portugal.

lunes, 22 de agosto de 2011

VI Mostra de Corais: Os grupos (I)

Comezamos hoxe unha serie de 3 entradas na que iremos presentando aos diferentes grupos que participaremos na VI Mostra de Corais do vindeiro 9 de setembro falando de Cantar Delas.


Cantar Delas nace en Lugo este coro de voces brancas na primavera de 2007, como froito da maduración dunha vella idea, resolta entre Julio Méndez e Fernando Gómez Jácome.

Despois dun breve paréntese para a selección das compoñentes, a tramitación da legalización e duns meses de preparación, preséntase ao público da súa cidade nun concerto que se celebra na Igrexa de San Pedro, o 24 de maio de 2008. A madriña do evento foi a vicepresidenta da Deputación Provincial de Lugo, Lara Méndez López.

Neste mesmo ano compartiu concerto, o día de Santa Cecilia, co coro lucense “Sólo Voces” na Igrexa do Bo Pastor desta cidade. Rematou o acto do pregón de Nadal que fixo o director xeral de “El Progreso”, José de Cora Paradela, o 20 de decembro. Ao día seguinte participou coa interpretación de panxoliñas na Igrexa de Fontiñas, en Lugo.

Neste dous concertos foi a estrea da panxoliña composta por Xoán Montes, “En Belén hai moita festa”.

Rematou o ano asistindo a un curso de técnica vocal dirixido por Julio Domínguez, os días 27 e 28 de decembro. Neste último día, na Igrexa de San Pedro deu un concerto conxunto co coro de voces femininas “Camerata vivace”, de Ponteareas (Pontevedra).

No ano 2009 organiza dous concertos, en maio e novembro, compartidos cos coros San Andrés “Sergio Domingo”, de El Entrego (Asturias) e coa Coral Polifónica de Beluso (Bueu – Pontevedra), localidades onde tamén participa “Cantar delas” con actuacións públicas.

En setembro, as compoñentes do coro participan nun obradoiro de música coral, dirixido por Aiblín Brito e clausurado polo presidente da Federación Coral Galega (FECOGA), Antonio Rey Cornide. Esta entidade foi a patrocinadora desta actividade.

Este colectivo ten como norma o compromiso da mellora constante da súa calidade e o acordo de organizar cada ano uns días a un curso de técnica, aparte da preparación permanente a cargo do seu director.

Tamén canta nun encontro na localidade de Teo (A Coruña), nun concerto a beneficio de UNICEF e outro de panxoliñas na Igrexa de San Antonio, en Lugo.

É importante destacar e agradecer a colaboración permanente da Xunta de Galicia para o desenvolvemento da actividade diaria desta asociación e tamén as axudas puntuais da Fundación Caixa Galicia, Deputación Provincial de Lugo e Concello de Lugo.

viernes, 19 de agosto de 2011

VI Mostra de Corais, o 9 de setembro en Pontedeume


O vindeiro venres 9 de setembro ás 20.00h, no marco das Festas das Peras, celebraremos na Casa da Cultura de Pontedeume a VI Mostra de Corais. Nela participaremos as seguintes corais:
  • Cantar Delas, Coro de voces brancas. Lugo.
  • Alecrín, Rondalla. Ourense.
  • Alegre Intermezzo, Agrupación Músico-Vocal. Pontedeume

sábado, 12 de febrero de 2011

Engadimos novas actuacións

Vimos de actualizar a nosa axenda de actuacións. Podes velas na columna da dereita, pero lembra que para ver a información completa está na sección Axenda.

Lembra que tamén podes seguir a nosa actividade na páxina de Facebook