miércoles, 22 de marzo de 2023

Coro Alegre Intermezzo en Pola de Siero, Asturias

O Coro Alegre Intermezzo  (@coroalegreintermezzo6731) realizamos un intercambio coral no ano 2022 coa Coral "Ángel Émbil" da sociedade Siero Musical, de Pola de Siero, Asturias. 
Unha xornada na que levamos o mellor da nosa tradición musical e compartimos escenario coa Coral de Rábade, tamén convidada, e coa coral "Ángel Émbil".

Este intercambio interprovincial foi posible grazas ao apoio e subvención da Deputación da Coruña (https://www.dacoruna.gal/cultura/), para actividades culturais durante o ano 2022.