jueves, 6 de noviembre de 2014

CONCERTO EN RECIMIL, FERROL

Dentro do marco da Rede Cultural da Deputación, mañá venres, 7 de novembro, estaremos actuando en Ferrol, na praza de Sevilla.
Este é o repertorio escollido para a ocasión:
  • Noches de blanco satén. (The Moody Blues. Arranxo: Luis Blanco Rey).
  • Te Quiero. (Letra: Benedetti. Música: Favero).
  • No llores por mí, Argentina. (A. L. Webber. Arranxo: J.L. Blanco)
  • Hijo de la luna. ( Mecano. Arranxo: Mª Pilar Mud).
  • Os teus ollos. (Letra: C. Enríquez. Música: J.C. Choné).
  • Negra sombra. (Letra: Rosalía. Música: X. Montes. Arr: A. A. Cuello).
  • Coro de marineros. (Coro de la zarzuela “El anillo de hierro”. Letra: M. Zapata. Música: M. Marqués).
  • Salve marinera. (Popular. Himno da Armada Española e, por extensión dos traballadores do mar).


viernes, 17 de octubre de 2014

IX FESTIVAL DE OUTONO


UN ANO MÁIS, estamos en vísperas da celebración do FESTIVAL DE OUTONO, a IX edición do mesmo.
Contamos nesta ocasión coa participación da Coral COSTE VERDE, de GIJÓN, e o Coro DIAPASÓN, de FERROL, que , ademáis do noso Coro,  ALEGRE INTERMEZZO, COMPOÑEREMOS UN CONCERTO QUE SERÁ DO AGRADO DE TÓDOLOS EUMESES E VISITANTES.

domingo, 12 de octubre de 2014

ALEGRE INTERMEZZO NAS FESTAS DAS PERAS



    Aquí estamos, o día 9 de setembro, compartindo actuación coa Coral polifónica eumesa, na praza do convento da nosa vila.



E, o día seguinte, solemnizando a Misa Patronal na honra de San Nicolás, na Igrexa Parroquial de Pontedeume.


jueves, 10 de julio de 2014

HOMENAXE A MANUEL ZAPATA


O día 31 de maio fomos convidados pola Escola de música Charamela a participar no Festival de Primavera organizado por eles con moito esforzo, mimo e discreción dado que, o que se estaba preparando era unha homenaxe ao profesor D.Manuel Zapata. Convertiuse, pois, nunha velada musical moi especial compartida con  Mandala Gospel, de Ares, Banda de Charamela e Orquestra de Charamela.
D. Manuel Zapata ten unha longa carreira profesional como músico e como mestre de violín, chelo e contrabaixo, lenguaxe musical en grupos de adultos, así como director da orquestra da escola.
Sobraban, pois, os motivos para amosarlle o afecto e a gratitude de tantas persoas de Pontedeume e comarca que o tivemos como mestre, director e, dende hai algo máis dun ano, compañeiro.
O noso repertorio nesta ocasión:
Noches de blanco satén (Moody Blues).


Negra Sombra (Montes).
Aleluya (Haendel).
Como broche final, xunto coa orquestra Charamela, e baixo a dirección de D. Manuel Zapata,
interpretamos Seguidillas, da zarzuela La Verbena de la Paloma.



jueves, 20 de marzo de 2014

Publicado por Noticiario Galego

Coro Alegre Intermezzo (Pontedeume)

Alegre Intermezzo
Foron as inquedanzas musicais dun grupo de persoas vinculadas á Escola de Música Charamela de Pontedeume as que orixinaron a creación desta coral. Para atopar o xerme do que hoxe é o Coro Alegre Intermezzo de Pontedeume, hai que remontarse ata o ano 1997, cando se creou a agrupación músico-vocal que se acabaría convertendo na coral que hoxe coñecemos.
Os comezos
A súa constitución como sociedade data do ano 1999, e a súa intención principal é fomentar o desenvolvemento da cultura musical. Dentro deste obxectivo fundamental, préstanlle especial atención á música sacra.
Esta formación vocal componse dun total de 25 voces mixtas, acompañadas por 8 instrumentistas de piano, frauta, violín, viola e violonchelo. A dirección corre a cargo da profesora de guitarra clásica do Conservatorio Superior da Coruña, Ofelia Regueira Fernández.
Fomentar a convivencia musical
En canto á súa experiencia, podemos dicir que participaron dende o seu nacemento en diversos festivais. Cabe destacar, sobre todo, a súa presenza nos concursos de panxoliñas organizados pola entidade Caixanova e El Corte Inglés, nos que ademais acadan o primeiro premio en dúas ocasións consecutivas.
Alegre IntermezzoDestaca tamén a gravación de dous dos seus temas no programa “Galicia Enteira”, da Televisión de Galicia. Foi na edición que este espazo dedicou ó seu Concello, a Pontedeume.
Alegre Intermezzo tamén colaborou como coro de zarzuela en “La verbena de la Paloma”, en Bragança, Portugal. E ademais, as celebracións de Santa Icía, as Letras Galegas e as festas patronais das parroquias veciñas, contan a miúdo coa presenza deste coro. Así mesmo, nos últimos anos participaron no concerto de Música Sacra Cidade de Ferrol, no Santuario das Angustias e da Orde Terceira.
Así é que a súa actividade céntrase en actuacións en actos litúrxicos da bisbarra; vodas, misas solemnes, funerais… E tamén nas celebracións de tipo profano; festivais, conmemoracións,…
Repertorio
O seu repertorio abrangue aproximadamente 150 pezas de distintas épocas e estilos musicais, tanto sacros como profanos, de célebres compositores universais en polifonía clásica,  panxoliñas, música popular, etc.
Dende o ano 2006 organizan un festival propio, o “Concerto de Outono”, que ten como escenario a igrexa parroquial de Pontedeume e no que participan diversas corais convidadas de dentro e fóra do territorio galego. Con esta cita musical tratan de fomentar a convivencia con outras formacións erguéndose, ademais, como un auténtico intercambio musical.
Alegre Intermezzo


Por: Úrsula Lorenzo Ruibal
Publicado o 17 de Marzo do 2014 | 12:09 p.m. 

PRÓXIMOS COMPROMISOS


 Estamos de cheo preparando os concertos, bodas e outros eventos comprometidos para o 2014, e queremos facer pública a nosa intención de integrar NOVOS COMPOÑENTES en Alegre Intermezzo.
Así que, se che gusta cantar, tes bo oído e, ademais, apetéceche integrarte nun coro, estamos buscando voces novas.
  Temos un importante proxecto musical para este ano 2014 para o que precisamos aumentar o número de compoñentes; sobre todo, concertos na comarca e fora dela, así como un Festival organizado por nos en Outubro.


ANÍMATE!
 CANTAR É UNHA EXPERIENCIA INEXQUECIBLE!!!



Podes poñerte en contacto a través desta páxina, ou nos teléfonos do grupo.