PRESENTACIÓN


'Alegre Intermezzo' é unha agrupación músico-vocal que comeza a súa andaina no ano 1997 por iniciativa de persoas con inquedanzas musicais, relacionadas dalgún xeito coa Escola de Música Charamela de Pontedeume.
O grupo está formado por 25 voces mixtas e 7 instrumentistas (piano, violíns, viola, chelo e, esporádicamente, guitarras e percusión), o que fai de nós unha agrupación singular dentro do canto coral.
O noso principal obxectivo é o fomento e desenvolvemento da cultura musical,sobre todo , da música sacra. Participamos en actos litúrxicos por toda a bisbarra: vodas, misas solemnes (patronais,  primeiras  comuniós)  e funerais. “Alegre Intermezzo” realiza tamén diversos concertos, festivais, intercambios con corais dentro e fora da provincia, interpretando un repertorio moi variado, sacro ou profano.
O currículo do Grupo é xa moi extenso,destacando a participación en :
- Participación en concursos de Panxoliñas organizados por Caixa Nova e El Corte Inglés, onde por dous anos consecutivos acadamos o primeiro premio.
- Terceiro premio no XI Certame de rondallas e corais “Santigo Apóstolo “ en Ourense (outubro 2011)
- Colaboración en Bragança (Portugal) como coro da zarzuela “La verbena de la Paloma”.
- Participación nas celebracións de Santa Icía, Letras Galegas e festas patronais nas distintas parroquias da bisbarra.
- Gravamos para a TVG dúas cancións incluídas no programa “Galicia Enteira” adicado a Pontedeume, así como de CDs dos Concertos de Outono e Certame de Corais 2011.
- Dende o ano 2006 organizamos o 'Festival de Outono' na Igrexa Parroquial de Pontedeume xunto con outras dúas corais convidadas, para promover intercambios con outras agrupacións e amosar o noso traballo coral na localidade.
- Participamos  nos concertos de Música Sacra da cidade de Ferrol, no Santuario das Angustias e da Orden Terceira.
- Formando parte da FECOGA, organizamos o I Encontro Musical (no ano 2011), o II Encontro Musical (no ano 2013). No ano 2018, organizamos na localidade o III Encontro Musical de Pontedeume.
- Nos últimos anos actuamos, como Coro Participativo, na obra “El Mesías” de Haendel, en A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela.
- Dende o ano 2006 levamos a cabo en Pontedeume o “FESTIVAL DE OUTONO”, có obxecto de promover un evento musical na localidade e o intercambio con outras agrupacións de dentro e fora de Galicia.
O noso repertorio abrangue aproximadamente 180 pezas de distintas épocas e estilos musicais, tanto sacros como profanos, de célebres compositores universais en polifonía clásica,  panxoliñas, música popular, adapcións de distintas composicións de pezas “pop”,coros de zarzuela,etc.
Estamos incluídos na Rede Cultural  da Deputación Provincial.
Dende Alegre Intermezzo  achegámonos ó canto coral  con especial cariño e ganas de mellorar, de  aprender cada día, e disfrutamos amosando a noso traballo por e para a Música coral.

O coro está dirixido dende os seus inicios por Dna. Ofelia Regueira Fernández, profesora de guitarra clásica polo Conservatorio Superior de A Coruña. Integrante do Coro Sotovocce, perfecciona a súa formación con diversos cursos de Canto e Dirección coral. Autora de parte dos arranxos para coro e orquestra das pezas interpretadas por Alegre Intermezzo, actualmente compaxina a súa actividade no coro coa dirección da rondalla Chicas de Oro e como profesora na Escola de Música Charamela.