jueves, 1 de octubre de 2015

X FESTIVAL DE OUTONO

ESTE SÁBADO, día 3 de OUTUBRO

Como todos estes anos, e xa van dez, volcámonos totalmente na preparación dun Festival musical en Pontedeume. Por amor ao canto coral, por establecer lazos con outras corais, por coñecer xente, por aprender de todos..., É unha acasión moi especial, que marca o ciclo anual do traballo do Coro Intermezzo.
Por suposto, no marco privilexiado do noso pobo, en Pontedeume, e para a nosa veciñanza.
Nesta ocasión achegaranse para compartir este momento musical  dúas  agrupacións excepcionais:
A coral de Berres, A Estrada, e o coro Status Variabilis, de A Coruña. Como sempre tamén, poderemos escoitar un Repertorio alegre, innovador e de gran calidade.



No hay comentarios:

Publicar un comentario