sábado, 9 de diciembre de 2023

XVI Festival de Outono


O 7 de outubro tivo lugar en Pontedeume o XVI Festival de Outono organizado por Agrupación músico vocal "Alegre Intermezzo", coa colaboración do Concello de Pontedeume e a Subvención outorgada por Deputación de A Coruña,  Área de Cultura  para Actividades Culturais no ano 2023

No Festival participou a Coral de Beluso, Bueu, Pontevedra, como froito dun intercambio entre esta coral e o grupo anfitrión. Ademáis, actuou a Coral Amistade de O Couto, Narón, a través da Rede Cultural da Diputación

Vai o noso agradecemento a tantas persoas como colaboraron no desenvolvemento desta fantástica xornada musical, a todo o público eumés que sempre nos acompaña e otorga un pulo esencial á nosa actividade.

Imaxes da Coral Amistade de O Couto, Narón
  


                      Imaxes da Coral Polifónica de Beluso


                      Imaxes de Alegre Intermezzo





                          



Imaxen do público asistente
      


miércoles, 22 de marzo de 2023

Coro Alegre Intermezzo en Pola de Siero, Asturias

O Coro Alegre Intermezzo  (@coroalegreintermezzo6731) realizamos un intercambio coral no ano 2022 coa Coral "Ángel Émbil" da sociedade Siero Musical, de Pola de Siero, Asturias. 
Unha xornada na que levamos o mellor da nosa tradición musical e compartimos escenario coa Coral de Rábade, tamén convidada, e coa coral "Ángel Émbil".

Este intercambio interprovincial foi posible grazas ao apoio e subvención da Deputación da Coruña (https://www.dacoruna.gal/cultura/), para actividades culturais durante o ano 2022.
  

lunes, 6 de febrero de 2023

XV Festival de outono

O día 1 de outubro do 2022 celebramos en Pontedeume o XV Festival de Outono. Festival emotivo por ser esta a edición que estaba previsto celebrar no ano 2020 e que, a causa da pandemia, tivo que ser trasladada ao outono do 2022.
Contamos coa colaboración do Concello de Pontedeume e a Subvención outorgada pola Deputación da Coruñaárea de Cultura, para actividades culturais no ano 2022,  (https://www.dacoruna.gal/cultura/)


Contamos coa presenza de dúas corais convidadas: A coral "Polifónica Ferrolana" e a coral "Ángel Émbil" da sociedade Siero Musical, de Pola de Siero, Asturias.
A continuación, actuamos os anfitrións, Agrupación músico-vocal "Alegre Intermezzo", de Pontedeume.
O evento contou con gran asistencia de público que disfrutaron dun gran momento musical resultado do bo facer das agrupacións participantes.

Contamos coa colaboración do Concello de Pontedeume e a Subvención outorgada pola Deputación da Coruña, área de Cultura (https://www.dacoruna.gal/cultura/)