lunes, 27 de agosto de 2012

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

    Despois de un vran no que non descansamos, poñéndonos a punto para cada cita e preparando novo repertorio de cara ós Concertos deste Outono, retomamos a actividade neste blog informando dos festivais nos que participaremos:
 
 - O día 1 de Setembro actuaremos na Casa da Cultura de Pontedeume, invitados polo Escola de Música Charamela. Compartiremos o acto coa Coral Eixil de Cedeira e coa Orquestra Charamela.
Interpretaremos :
                         - Como yo te amo.(Manuel Alejandro.Arreglo:Ofelia Regueira)
                         - Os teus ollos.( Música de J.C.Chané.Letra de Curros Enríquez).
                         - No llores por mi ,Argentina.( Andrew L. Webber.V. coral:J.Blanco).
                         -  Samba Lelé.(Popular brasileira).



    No mes de Outubro , a cita será en Ferrol, o día 7. Nesta ocasión fomos convocados polo Concello da cidade ,a través da Rede Cultural da Deputación. Neste concerto ,amosaremos o mais destacado do noso Repertorio.
    Xa en Novembro , día 10, terá lugar o VII Festival de Outono , que organizamos un ano mais na nosa vila.