sábado, 12 de febrero de 2011

Engadimos novas actuacións

Vimos de actualizar a nosa axenda de actuacións. Podes velas na columna da dereita, pero lembra que para ver a información completa está na sección Axenda.

Lembra que tamén podes seguir a nosa actividade na páxina de Facebook

martes, 7 de diciembre de 2010

Programadas novas actuacións

Alegre Intermezzo actuará neste mes de decembro no Festival de Panxoliñas de Pontedeume e nas conmemoracións de San Estevo, en Eirís (Cabanas).

Máis información na sección Axenda.

viernes, 19 de noviembre de 2010

Xa podes descargar o audio do V Festival de Outono

Tal e como vos anunciáramos, xa temos dispoñíbel o audio do V Festival de Outono, gravado en directo pola Radio Galega.

Podedes descargalo dende a nosa sección de Descargas

viernes, 12 de noviembre de 2010

Novos arquivos para descargar

Mentres se está a editar a gravación do V Festival de Outono, dende a sección de Descargas podedes facervos cos cds da III e da IV edición, que tiveron lugar no 2008 e 2009 respectivamente.

domingo, 7 de noviembre de 2010

Éxito do V Festival de Outono

Onte tivo lugar o V Festival de Outono que vos viñemos anunciando estes días, o cal foi todo un éxito.

Queremos dar as grazas a todas e todos os que vos achegastes até a Igrexa de Santiago de Pontedeume a compartir connosco este Festival, así como tamén ás e aos compoñentes de Concerto Tempo e a Orquesta de Cámara Charamela, que actuaron connosco.

Deixámosvos unhas fotos, podedes ver o resto no apartado de Multimedia.


Nicolás foi o encargado de presentar o V Festival de Outono. (Foto: Iago Varela)


Momento no que Gerardo Varela lembra a adicación do Festival
a Jaime Prat, membro de Intermezzo finado hai uns meses. (Foto: Iago Varela)


Un momento da actuación da Orquesta de Cámara Charamela. (Foto: Iago Varela)


Un momento da actuación de Concerto Tempo. (Foto: Iago Varela)


Un momento da actuación do Coro Intermezzo. (Foto: Iago Varela)


Momento da entrega de agasallos. (Foto: Iago Varela)

domingo, 24 de octubre de 2010

Programa do 'V Festival de Outono'

A continuación amosámosvos a listaxe de cancións que se interpretarán durante o 'V Festival de Outono'.

Orquesta de Cámara Charamela
  • Minuetto. Bethoven
  • Candileja. Chaplin
  • D. Gil de Alcalá. Penella
  • Andalucía. Lecuona
Concerto Tempo
  • Ficando sós. Julio Domínguez
  • Audi filia. Lajos Bardos
  • Lux aurumque. Eric Whitacre
  • Badalada para mi muerte. A. Piazzolla. Arr: E. Zadoff
Alegre Intermezzo
  • Os teus ollos. J. Castro Chané. Letra: Curros Enríquez
  • Swing Low, Sweet Chariot. (Gospel espiritual). Arr. William L. Dawson
  • Hijo de la Luna. José María Cano (Mecano). Arr. Coral: Mª Pilar Mud Pérez
  • Hallelujah. (Mesías 1741). Georg Friedrich Händel.

sábado, 23 de octubre de 2010

O 'V Festival de Outono' será o 6 de novembro

Confirmámosvos que o 'V Festival de Outono' terá lugar o vindeiro sábado 6 de novembro ás 20.00 na Igrexa de Santiago.

Actuarán, como xa vos adiantáramos, ademais de nós, a Orquesta de Cámara "Charamela" de Pontedeume e Concerto Tempo, de Ferrol.

Agardamos contar coa vosa presenza!

Estreamos perfís nas principais redes sociais

Queremos compartir convosco que dende hoxe podedes seguir a nosa actividade nas principais redes sociais: Twitter e Facebook.

Non dubidedes en seguirnos a través dos nosos perfís nelas (clic sobre o nome para entrar)

domingo, 26 de septiembre de 2010

Cartel do V Festival de Outono

Dende a Agrupación Músico-Vocal Alegre-Intermezzo volvemos organizar o Festival de Outono, do que este ano celebraremos a súa V edición.

Completarán o cartel da actuación as seguintes agrupacións:
  • Orquesta de Cámara "Charamela", de Pontedeume.
  • Concerto Tempo, de Ferrol (web)
  • Agrupación Músico-Vocal Alegre Intermezzo, de Pontedeume.

miércoles, 15 de septiembre de 2010

Actuación na Misa de San Nicolás

O pasado 10 de setembro, co gallo das Festas das Peras, actuamos na misa en honor a San Nicolás, na Igrexa de Santiago de Pontedeume.