jueves, 20 de marzo de 2014

Publicado por Noticiario Galego

Coro Alegre Intermezzo (Pontedeume)

Alegre Intermezzo
Foron as inquedanzas musicais dun grupo de persoas vinculadas á Escola de Música Charamela de Pontedeume as que orixinaron a creación desta coral. Para atopar o xerme do que hoxe é o Coro Alegre Intermezzo de Pontedeume, hai que remontarse ata o ano 1997, cando se creou a agrupación músico-vocal que se acabaría convertendo na coral que hoxe coñecemos.
Os comezos
A súa constitución como sociedade data do ano 1999, e a súa intención principal é fomentar o desenvolvemento da cultura musical. Dentro deste obxectivo fundamental, préstanlle especial atención á música sacra.
Esta formación vocal componse dun total de 25 voces mixtas, acompañadas por 8 instrumentistas de piano, frauta, violín, viola e violonchelo. A dirección corre a cargo da profesora de guitarra clásica do Conservatorio Superior da Coruña, Ofelia Regueira Fernández.
Fomentar a convivencia musical
En canto á súa experiencia, podemos dicir que participaron dende o seu nacemento en diversos festivais. Cabe destacar, sobre todo, a súa presenza nos concursos de panxoliñas organizados pola entidade Caixanova e El Corte Inglés, nos que ademais acadan o primeiro premio en dúas ocasións consecutivas.
Alegre IntermezzoDestaca tamén a gravación de dous dos seus temas no programa “Galicia Enteira”, da Televisión de Galicia. Foi na edición que este espazo dedicou ó seu Concello, a Pontedeume.
Alegre Intermezzo tamén colaborou como coro de zarzuela en “La verbena de la Paloma”, en Bragança, Portugal. E ademais, as celebracións de Santa Icía, as Letras Galegas e as festas patronais das parroquias veciñas, contan a miúdo coa presenza deste coro. Así mesmo, nos últimos anos participaron no concerto de Música Sacra Cidade de Ferrol, no Santuario das Angustias e da Orde Terceira.
Así é que a súa actividade céntrase en actuacións en actos litúrxicos da bisbarra; vodas, misas solemnes, funerais… E tamén nas celebracións de tipo profano; festivais, conmemoracións,…
Repertorio
O seu repertorio abrangue aproximadamente 150 pezas de distintas épocas e estilos musicais, tanto sacros como profanos, de célebres compositores universais en polifonía clásica,  panxoliñas, música popular, etc.
Dende o ano 2006 organizan un festival propio, o “Concerto de Outono”, que ten como escenario a igrexa parroquial de Pontedeume e no que participan diversas corais convidadas de dentro e fóra do territorio galego. Con esta cita musical tratan de fomentar a convivencia con outras formacións erguéndose, ademais, como un auténtico intercambio musical.
Alegre Intermezzo


Por: Úrsula Lorenzo Ruibal
Publicado o 17 de Marzo do 2014 | 12:09 p.m. 

PRÓXIMOS COMPROMISOS


 Estamos de cheo preparando os concertos, bodas e outros eventos comprometidos para o 2014, e queremos facer pública a nosa intención de integrar NOVOS COMPOÑENTES en Alegre Intermezzo.
Así que, se che gusta cantar, tes bo oído e, ademais, apetéceche integrarte nun coro, estamos buscando voces novas.
  Temos un importante proxecto musical para este ano 2014 para o que precisamos aumentar o número de compoñentes; sobre todo, concertos na comarca e fora dela, así como un Festival organizado por nos en Outubro.


ANÍMATE!
 CANTAR É UNHA EXPERIENCIA INEXQUECIBLE!!!



Podes poñerte en contacto a través desta páxina, ou nos teléfonos do grupo.

domingo, 29 de diciembre de 2013

NADAL 2013


    Grazas a todo o público e a os nosos amigos da Coral-Rondalla O Castro, de Miño, pola magnífica acollida de onte. pasamos unha velada estupenda.
  Esta tarde estaremos en Pedroso, Narón, convidados pola Coral A Pombiña, cun repertorio moi navideño:

Noche de Paz
Ha nacido el niño Dios
Aurtxoa Seaskan
Noite Fermosa

Aproveitamos para desexar un Feliz Ano 2014!

domingo, 1 de diciembre de 2013

CONCERTO EN FERROL

        Estupenda tarde de actuación compartida cos amigos de Concerto Tempo, en Covas, Ferrol.


             Concerto-Tempo no Festival de Outono 2010 

         Un repertorio variado e interesante que o público desfrutou, dende ( aquí vai unha escolma do interpretado polas dúas agrupacións ) Bohemian Rapsodi, ata Samba Lelé, pasando por La Bella y La Bestia, Negra Sombra, O Rodaballo, O voso Galo, Historia de Amor, El Menú..., e algunhas máis.
Como se aprecia, nivelazo.
PERO O MELLOR É SEMPRE OS LAZOS QUE SE CREAN A TRAVÉS DA MÚSICA.




sábado, 30 de noviembre de 2013

FOTOS VIII FESTIVAL DE OUTONO

Estas son algunhas fotos "caseiras" do VIII Festival de outono. Estamos agardando polas profesionais.


Coro Castillo de Gauzón, de Salinas, Asturias.


Coro Vocalisse, de ACoruña.


Grupo de Charamela, de Pontedeume.


Coro Alegre-Intermezzo, de Pontedeume.




jueves, 14 de noviembre de 2013

VIII FESTIVAL DE OUTONO

 Este é o cartel anunciador do VIII Festival de Outono.
 
 
 
Este ano contamos co "Coro Vocalisse"

 
 
e coa coral "Castillo de Gauzón"
 

 

Será unha magnífica ocasión para disfrutar do canto coral!

lunes, 11 de noviembre de 2013

POIS SÍ QUE ESTIVEMOS LIADOS...!!!

 Hola,
Ben se aprecia pola ausencia de entradas neste blog a cantitade de actuacións ( e outras actividades oa marxe ) que tivemos este vran e outono. Así que tentarei amosar algunhas delas:
 
FESTIVAL DA CALZADA 2013
 

 
II ENCONTRO MUSICAL
Celebrado o día 9 de setembro na Casa da Cultura de Pontedeume. Estuveron con nos a Coral Rondalla de Miño e o grupo de saxos de Charamela.

 
 
 

sábado, 3 de agosto de 2013

DE BODA EN SANTIAGO


Hoy estuvimos en la Iglesia de San Francisco , Santiago de Compostela, en la boda de Pablo y Pili.
Este es el repertorio elegido por los novios :

ENTRADA NOVIO : CANON DE PACHABEL.
ENTRADA NOVIA : MARCHA NUPCIAL.
LECTURAS : SI ME FALTA EL AMOR.
RITO DEL MATRIMONIO : ALELUIA ( HAENDEL ).
OFERTORIO : AVE MARIA ( SHUBERT ).
SANTO : de  PALAZÓN.
PAZ : DONNA NOBIS ( MOZART ).
COMUNIÓN : AVE VERUM CORPUS ( MOZART ).
FIRMAS : HISTORIA DE AMOR ( de la película LOVE STORY ).
SALIDA : SOLI DEO GLO

   " Alegre-Intermezzo" en la ceremonia nupcial... 

       
       Y aquí están Pablo y Pili , recién casados...

viernes, 2 de agosto de 2013

NUESTRA ACTUACIÓN EN LEÓN

   El primer fin de semana del pasado mes de junio estuvimos actuando en la iglesia de San Martín de la capital leonesa , invitados por la Coral Torreblanca. Fue una experiencia estupenda, tanto por el acto en sí, como por el cariño y la acogida de nuestros amigos coralistas. 
   Ahí van unos documentos de este fabuloso fin de semana.
Unas fotos:



Un  video de nuestra actuación: "Noches de blanco satén".


domingo, 28 de julio de 2013

ACTUACIÓNS

    Despois dun tempo sen deixar pegada  da nosa actividade musical neste blog,  hoxe imos amosar o máis destacado das actuacións deste mes de xullo.
 EN VODAS CIVÍS,







E RELIXIOSAS