jueves, 9 de abril de 2015

NOVA ACTUACIÓN


E seguimos coñecendo outros escenarios...,
Despóis da actuación en Asturias (aquí quedan outras dúas fotos),







este sábado, 11 de abril, desprazámonos ata A Estrada, para participar nun festival, convidados pola Coral de Berres.
Levaremos un repertorio composto por algunhas pezas de música relixiosa e outros temas xa míticos do noso repertorio:

viernes, 30 de enero de 2015

jueves, 6 de noviembre de 2014

CONCERTO EN RECIMIL, FERROL

Dentro do marco da Rede Cultural da Deputación, mañá venres, 7 de novembro, estaremos actuando en Ferrol, na praza de Sevilla.
Este é o repertorio escollido para a ocasión:
  • Noches de blanco satén. (The Moody Blues. Arranxo: Luis Blanco Rey).
  • Te Quiero. (Letra: Benedetti. Música: Favero).
  • No llores por mí, Argentina. (A. L. Webber. Arranxo: J.L. Blanco)
  • Hijo de la luna. ( Mecano. Arranxo: Mª Pilar Mud).
  • Os teus ollos. (Letra: C. Enríquez. Música: J.C. Choné).
  • Negra sombra. (Letra: Rosalía. Música: X. Montes. Arr: A. A. Cuello).
  • Coro de marineros. (Coro de la zarzuela “El anillo de hierro”. Letra: M. Zapata. Música: M. Marqués).
  • Salve marinera. (Popular. Himno da Armada Española e, por extensión dos traballadores do mar).


viernes, 17 de octubre de 2014

IX FESTIVAL DE OUTONO


UN ANO MÁIS, estamos en vísperas da celebración do FESTIVAL DE OUTONO, a IX edición do mesmo.
Contamos nesta ocasión coa participación da Coral COSTE VERDE, de GIJÓN, e o Coro DIAPASÓN, de FERROL, que , ademáis do noso Coro,  ALEGRE INTERMEZZO, COMPOÑEREMOS UN CONCERTO QUE SERÁ DO AGRADO DE TÓDOLOS EUMESES E VISITANTES.

domingo, 12 de octubre de 2014

ALEGRE INTERMEZZO NAS FESTAS DAS PERAS



    Aquí estamos, o día 9 de setembro, compartindo actuación coa Coral polifónica eumesa, na praza do convento da nosa vila.



E, o día seguinte, solemnizando a Misa Patronal na honra de San Nicolás, na Igrexa Parroquial de Pontedeume.


jueves, 10 de julio de 2014

HOMENAXE A MANUEL ZAPATA


O día 31 de maio fomos convidados pola Escola de música Charamela a participar no Festival de Primavera organizado por eles con moito esforzo, mimo e discreción dado que, o que se estaba preparando era unha homenaxe ao profesor D.Manuel Zapata. Convertiuse, pois, nunha velada musical moi especial compartida con  Mandala Gospel, de Ares, Banda de Charamela e Orquestra de Charamela.
D. Manuel Zapata ten unha longa carreira profesional como músico e como mestre de violín, chelo e contrabaixo, lenguaxe musical en grupos de adultos, así como director da orquestra da escola.
Sobraban, pois, os motivos para amosarlle o afecto e a gratitude de tantas persoas de Pontedeume e comarca que o tivemos como mestre, director e, dende hai algo máis dun ano, compañeiro.
O noso repertorio nesta ocasión:
Noches de blanco satén (Moody Blues).


Negra Sombra (Montes).
Aleluya (Haendel).
Como broche final, xunto coa orquestra Charamela, e baixo a dirección de D. Manuel Zapata,
interpretamos Seguidillas, da zarzuela La Verbena de la Paloma.