jueves, 21 de marzo de 2013

ALEGRE-INTERMEZZO na Semana Santa Eumesa


Un ano máis o coro Alegre-Intermezzo estamos encantados de participar na Misa Solemne que inaugura a Semana Santa Eumesa, solennizando a Misa do Venres de dores na Igrexa Parroquial.

Este é o repertorio que se escoitará:

  1. ERES MADRE DOLOROSA
  2. KYRIE,de X. Montes.
  3. GLORIA,de X. Montes.
  4. LAUDATE DOMINUM ,de Haendel.
  5. STABAT MATTER DOLOROSA, Marino.
  6. AVE VERUM CORPUS, de Mozart.
  7. SANCTUS ,de Montes.
  8. AGNUS DEI,de Montes.
  9. CORAL DE LA PASION según S. Mateo (J. S. Bach)
  10. AVE MARI STELLA 
  11. SALVE A LA VIRGEN,popular. 

martes, 11 de diciembre de 2012

ENCONTRO MUSICAL DECEMBRO 2012


Seguimos organizando eventos musicais,neste caso có patrocinio da Federación galega de corais.
Este sábado ,día 15,celebramos un Encontro Musical na Igrexa das Virtudes da nosa vila, Pontedeume,ás 8 da tarde.
Contaremos coas actuacións de duas corais invitadas :
- Orfeón Scde de obreiros de Mondoñedo,e
- Coral A Pombiña ,de Pedroso,Narón.
Xunto con Alegre-Intermezzo compoñeremos un acto que esperamos sexa moi especial, no que cada agrupación ten elexido o máis salientable e apropiado para estas datas navideñas.

lunes, 19 de noviembre de 2012

NOVAS ANTIGAS FOTOGRAFÍAS

Grazas ós nosos amigos de "Ti e máis eu teatro" por facernos chegar  estas imaxes da nosa actuación realizada na Fundación Caixa Galicia de Ferrol en decembro do 2009, invitados por eles ,no marco dunha Homenaxe a Bonifacio Barreiros.

sábado, 3 de noviembre de 2012

FESTIVAL DE OUTONO 2012



 Xa podemos desfrutar do cartel anunciador  e do tríptico do VII Festival de outono. Ahora, a invitar aos amigos,coñecidos,veciños...,e todos os amantes do canto coral.

domingo, 21 de octubre de 2012

CONCERTO EN FERROL

    
   Como viñemos anticipando este último mes, o próximo sábado , 27 de Outubro, daremos

un concerto no Centro Carballo Calero,  Ferrol , ás 20:00 da tarde.
     
      Nesa cita interpretaremos:
     
     1- Signore delle cime ( G. de Marzi )
     2- Ave verum ( Mozart )
     3- Cantata 147 ( J.S.Bach )
     4- Ave María ( Gounod )
     5- Salve marinera 
     6- Minueto de D. Xoan ( Música : Mozart.Letra: Chus Otero)
     7- Os teus ollos ( Música:J.C.Choné. Letra: C.Enríquez)
     8- Meus amores ( J. Baldomín)
     9- Lela (Arr.: J. Domínguez. Letra:A.R.Castelao)
    10- Amor es mi canción ( da película "Candilejas" de Ch.Chaplin )
    11- No llores por mi Argentina ( A.Ll.Webber. A: J. L. Blanco)
    12- Tema de Lara ( da película "doctor Zhivago". M. Jarré )
    13- Noches de blanco satén ( Moody Blues. Arr. :Luis Blanco Rey)
    14- Hijo de la luna  ( Mecano. Arr. coral:Mª Pilar Mud)
    15- Coro de marineros ( da zarzuela " El anillo de hierro")
                                                                         Vémomos alí!




jueves, 4 de octubre de 2012

UN CORO DISTINTO : Perpetuum Jazzile.

    Unha mostra da actuación dun coro especial, penso,que interpretan un abano de temas e xéneros moi amplo. Que os disfrutedes!