miércoles, 22 de marzo de 2023

Coro Alegre Intermezzo en Pola de Siero, Asturias

O Coro Alegre Intermezzo  (@coroalegreintermezzo6731) realizamos un intercambio coral no ano 2022 coa Coral "Ángel Émbil" da sociedade Siero Musical, de Pola de Siero, Asturias. 
Unha xornada na que levamos o mellor da nosa tradición musical e compartimos escenario coa Coral de Rábade, tamén convidada, e coa coral "Ángel Émbil".

Este intercambio interprovincial foi posible grazas ao apoio e subvención da Deputación da Coruña (https://www.dacoruna.gal/cultura/), para actividades culturais durante o ano 2022.
  

lunes, 6 de febrero de 2023

XV Festival de outono

O día 1 de outubro do 2022 celebramos en Pontedeume o XV Festival de Outono. Festival emotivo por ser esta a edición que estaba previsto celebrar no ano 2020 e que, a causa da pandemia, tivo que ser trasladada ao outono do 2022.
Contamos coa colaboración do Concello de Pontedeume e a Subvención outorgada pola Deputación da Coruña, área de Cultura, para actividades culturais no ano 2022,  (https://www.dacoruna.gal/cultura/)


Contamos coa presenza de dúas corais convidadas: A coral "Polifónica Ferrolana" e a coral "Ángel Émbil" da sociedade Siero Musical, de Pola de Siero, Asturias.
A continuación, actuamos os anfitrións, Agrupación músico-vocal "Alegre Intermezzo", de Pontedeume.
O evento contou con gran asistencia de público que disfrutaron dun gran momento musical resultado do bo facer das agrupacións participantes.

Contamos coa colaboración do Concello de Pontedeume e a Subvención outorgada pola Deputación da Coruña, área de Cultura (https://www.dacoruna.gal/cultura/)

miércoles, 4 de octubre de 2017

OUTONO MUSICAL

DESPÓIS DUNHA PRIMAVERA  E DUN ESTUPENDO E MUSICAL VERÁN, ACTUANDO

EN BODAS, MISAS PATRONAIS E DISTINTOS EVENTOS, AMOSAMOS O 


CARTAZ  QUE PRESENTA O  XII FESTIVAL DE OUTONO 2017 



SERÁ UNHA CITA  CON UN PROGRAMA MUSICAL VARIADO, AMENO, EMOTIVO...