sábado, 27 de abril de 2013

PRIMAVERA MUSICAL


    " Nacín canda as prantas nacen
      no mes das frores nacín
      nunha alborada mainiña
      nunha alborada de abril,...           ( Rosalía de Castro )

   Estes meses primaverais son sempre moi activos musicalmente . Vodas , 
actuacións con motivo de intercambios con corais amigas ...
   En Maio participaremos na homenaxe a Rosalía de Castro que a Biblioteca eumesa  está a organizar e que terá lugar o día 25 de Maio na Praza de Rosalía do noso pobo. Neste acto interpretaremos  Rosa de Abril  , fermosísimo poema da autora con música de Andrés Gaos , entre outras pezas do noso repertorio.
     Rescatamos nesta entrada unha interpretación nosa de Ave Verum Corpus, de Mozart,unha das pezas clásicas máis solicitadas para as vodas . 
     Que o disfrutedes!

No hay comentarios:

Publicar un comentario